BANDA DE LALÍN

Curriculum

Na comarca do Deza, da que Lalín é capital, existíu dende tempos remotos unha gran tradición musical. Boa proba delo é a gran cantidade de bandas populares que chegaron a existir. De feito, o nacemento da de Lalín é froito da unión de músicos procedentes de diversas bandas da zona, como Goiás, Bermés, A Penela, … alá polo ano 1942. Ata  o momento da súa disolución en 1963, motivada pola emigración de moitos dos seus músicos a Venezuela e Arxentina, foi dirixida por D. Lucas, D. Arturo, D. Amadeo Valero, D. Jesús Pérez Rivas e D. Faustino del Río.

Despóis de 21 anos de inactividade, D. Celso Blanco Álvarez xuntóu a unhos cantos músicos da zona, con xa certa idade, e fundaron a que se deu en chamar Banda de Veteranos. Foi tal o éxito que un ano despóis da súa estrea, en 1976, llegóu a contar con 45 músicos. Por elo, en 1977 creouse unha sociedade musical cambiando o nome da banda por Banda Cultural de Lalín.

O derradeiro gran impulso que recibíu foi, por un lado a chegada do Conservatorio Profesional á vila, dotando aos músicos cunha ensinanza de maior calidade e alimentando á banda cunha xoven canteira, e polo outro lado a chegada de D. Marcel van Bree como director. É aquí cando cambia o seu nome polo de Banda de Lalín. Nos 12 anos que Marcel traballóu en Lalín no só aumentou de xeito especial o nivel artístico e musical da banda, senon que ademáis organizou incontables cursos de especialización instrumental e mesmo cursos de dirección bandística. Caben destacar os impartidos por Henrie Adams (1994, 1996 y 1998), Johan de Meij (2003), Andrew Marriner, Joan Enric Lluna, Michael Harris e Michelle Carulli (1996), Vicente Alberola (1997), Javier Vidal (2001), Lars Wouters (2002), Andrés Gomis (1996), Narciso Pillo (1999), Alejandro Sanz Redondo, Simon Levey, Joseph Belmonte (2000), Laurent Blaiteau, Luis Soto (2002), Benjamín Moreno (1996), Vicenio Menghini (1996), Esther Viudez (2002), Demetri Motatu (1996) e Jorgën van Rijen (2003).

Dende fináis do 2004 ata comenzos do 2007 dirixe a banda o prestixioso director italiano D. Matteo Giovanni Aderi, tomando o relevo o actual director, D. Bram Sniekers.

Entre os premios obtidos pola banda destacamos:

· 1º Premio no Certamen de Bandas de Música organizado pola Deputación de Pontevedra nos anos 2001 e 2004.

· 1º Premio no XXXI Certamen Internacional de Bandas Vila d´Altea, no 2002.

· 1º Premio no Certamen Internacional de Bandas e Concurso de Composición de Música de Cine “Vila de Ribadeo”, no 2003.

· 2º Premio no Certamen de Bandas organizado pola Radio Televisión de Galicia, no ano 1995.